O sapoconcho chinés con tres crestas
A tartaruga chinesa crestada é unha especie moi peculiar e nesta publicación preséntoche a un destos exemplares.
A especie
Ten un nome científico algo complexo, Mauremys Reevesii, aínda que non foi sempre así pois antes denominábase Chinemys Reevesii, que ven sendo en resumidas contas a tartaruga de reeves, tamén coñecida coma tartaruga chinesa crestada.
Trátase dun animal bastante máis intelixente do que nos poidese parecer e moi tranquilo. Sería unha gran mascota se non estivese la Listaxe Vermella de animais protexidos, pois a súa especie atópase ante un serio problema afrontándose a unha inminente extinción. Debido a un acordo internacional, está totalmente prohibida a importación e exportación deste animaliño aínda que non todos os países o respectan.
As femias desta especie son moito máis grandes cos machos, no caso deste exemplar, cremos que está no seu límite superior de tamaño.
Esta especie de sapoconcho acuático asiático estaba distribuído por augas do Xapón, Corea, Taiwán e China. Pero o ser humano esquilmou a súa poboación para a fabricación de alimento e menciñas. Tamén fomos destruíndo o seu hábitat, o que dificulta todavía máis a súa supervivencia en estado salvaxe.
Medrados ben, poden chegar a medir duns once a vintecatro centímetros de lonxitude na cuncha.
A sesión
Estas sesións foron feitas a pulso e cuns tubos de extensión acoplados entre o corpo e o lente para acadar reducir a distancia mínima de enfoque. Fixémola dentro e fóra do acuario pero sempre nun ambiente limpo e protexido.
O truco para unha sesión de fotos con este tipo de mascotas é gañarte a súa confianza a base de xogos.
Obviamente, o sapoconcho móvese e sobretodo cando non entende que estás a xogar con el e pódese estresar, así que hai que ir con tino e pouco a pouco. Precisas armarte de paciencia para obturar no momento xusto no que se deteña atento agardando o teu seguinte movemento. Eu adoito a facer que siga a miña man dun lado a outro, despaciño, por diante do acuario.
Adoita buscarche ou fuxir de ti á hora de xogar para que non sexas ti quen a persiga sempre a ela. Tes claro que non é por medo porque non se oculta e cando pensa que perdeches interese pasando a búscarche ela a ti dun xeito moi activo.  Cando se sinte molesta e coida que non ten fuxida, colócase nunha postura ameazadora facendo un xesto que eu chamo "de gorila" erguendo o seu corpo sobre as súas patas e sorprende a altura que é capaz de acadar e o intimidante que semella.
Pero durante as sesións non tiven ningún intre de tensión con ela e dese xeito puiden cambiar a direccionalidade do xogo e agardar a que achegase curioso e xoguetón ao lente. Será ese o mellor momento para obturar e agradézolle eses grandes momentos cos que me ten agasallado.
A sesión do retrato en primeiro plano
Para a sesión de retrato na que vemos o seu olliño moito máis de perto e na que se atopa fóra do acuario mudei os tubos de extensión por un lente analóxico que usaba na miña vella Zenit 122, un Helios 44M6 que instalado diante do meu lente de kit con zoom na súa focal máis estándar, amplifica coma unha lupa calquera suxeito que se atope diante.
Esta técnica obrígache a achegarte moito, tanto que incluso no ollo da tartaruguiña poderás descubrir o lente reflectido, pero en ningún caso sofreu estrés nin se sentiu violentada. Lembra que cando fas fotografías deste tipo debes agradecer ao modelo, sexa ou non humano, o esforzo e a paciencia que teñen pois a metade do éxito correspóndelles a eles.

Pódeche interesar:

Back to Top