A picadura da libélula
A natureza ten moita sabiduría e non da puntada sen fío. Crea especies que nos serven de inspiración aos seres humaos na súa evolución tecnolóxica.
Coas ás despregadas
O que máis me chama a atención das libélulas é o seu tremendo parecido cos avións xa que as súas ás sempre están despregadas. Son unha grande obra de enxeñería aeronáutica da natureza.
Xeralmente atópanse preto de zonas acuáticas e son grandes depredadoras aínda que non hai que preocuparse pois non pican aos humanos e porén, podemos estarlles moi agradecidos polo servizo que nos fan cotrolando poboacións de insectos coma mosquitos cuxas picaduras, ademais de molestas, si poden chegar a transmitirnos enfermidades moi graves.
Confúndense moitas veces coas señoritas ou cabaliños do demo (Zygoptera) que si poden pregar as ás ao longo do seu abdome cando se atopan en repouso.
Como é a picadura dunha libélula?
 Coma che dicía, a libélula non ataca ao ser humano pero no caso de que se sinta moi ameazada podería tentar empregar a súa picadura coma defensa propia se sinte que a súa vida corre perigo. O instinto de supervivencia é algo que incluso os seres humanos levamos no ADN e pódenos axudar a facer cousas totalmente extraordinarias.
Pois ben, as libélulas con tamaños normais nin sequera poderían atravesar a pel humana chegado o caso e, polo tanto insistirei en que non debes preocuparte por elo. Con todo, se o exemplar é moi grande podería acadalo e entón simplemente notarás algo de dor, pero non contén veleno que poida en todo caso afectarnos negativamente.

Poderíache interesar:

Back to Top