Os mosquitos, a pesares do seu tamaño, poden resultar extremadamente perigosos. Nesta publicación amósoche unha sorprendente perspectiva dun dos mosquitos máis comúns na nosa contorna.
Aedes Albopictus
Trátase do mosquito que vulgarmente coñecemos coma Mosquito Tigre. Un insecto que cando o vemos magnificado en tamaño e amosa a súa verdadeira faciana a min faime lembrar unha das miñas producións cinematográficas favoritas: "Alien, o oitavo pasaxeiro".
Os mosquitos en xeral poden ser transmisores de graves enfermidades que afectan ao ser humano, o zika é unha delas unha doenza tristemente de moda hai ben pouco pero que parece terse esvaído tras ser arrasada en popularidade pola terríbel pandemia da Covid-19.
Pero que non escoitemos falar dela non quere dicir que teña desaparecido, simplemente deixou de ser a nova principal nos telexornais, alo menos nas nosas latitudes. Non esquezamos que afrontámonos a diario contra máis doenzas que non desapareceron da noite á mañá. Non baixemos a garda ao respecto.
A pesar de ser considerados moi perigosos, a nivel individual, a presenza dun mosquito non significa necesariamente que nos atopemos ante portador de virus algún, simplemente que pode chegar a selo e para elo téñense que cumprir outros factores, coma por exemplo, que haxa sido infectado previamente. Non caiamos no erro de prexulgar a un só individuo. Folga dicir que somos coñecedores do resultado dunha picadura de mosquito e xeralmente só nos causa molestia e algo de picor.

Poderíache interesar:

Back to Top